Skip to main content

Cee: mercado dominical

Localidad: 
  • EspañaGaliciaA CoruñaCee

Os domingos escenifícase en Cee o que representa esta vila para a comarca, cando comerciantes e feirantes instalan os seus postos e o centro vibra cunha intensa actividade comercial.

No mercado podemos atopar xénero de todo tipo, destacando especialmente os alimentos de gran calidade que alí se ofrecen: chacinería, pan, froitas, verduras e peixes e mariscos na praza de abastos, que tamén abre este día.

O mercado é o motor económico dos domingos en Cee e atrae a tanta xente que toda a vila se convirte nun grande centro comercial onde case todos os negocios permanecen abertos toda a mañá.