Skip to main content

Romaría de Nosa Sra. dos Remedios

Arquivos adxuntos
Romaría de Nosa Sra. dos Remedios
Cando ten lugar
Data: 
08/09/2024 - 09/09/2024
Ónde ten lugar
Descripcion

Romaría tradicicional de moita tradición e arraigo en tódala Comarca de Quiroga. Celébrase unha novena na honra da Virxe do Remedios, na que participa un grande número de persoas. O día 7, último día do novenario, a Virxe en procesión recorre a rúas da Ermida. O día 8, celébranse misas durante toda a mañán, aínda que o acto central é a partir das 13 horas: misa Solemne con procesión na que participan as tradicionais figuras do “meco” e as “pampornigas”. Neste día multitude de familias e grupos de amigos xantan no campo da festa da Ermida. Pola tarde xogos populares e festa con baile. O día 9 repítense os actos do día anterior, aínda que con menor número de participantes.

Compartir