Skip to main content

FESTA DOS CALLOS en Salceda de Caselas

Arquivos adxuntos
FESTA DOS CALLOS en Salceda de Caselas
Cando ten lugar
Data habitual: 
1º domingo de septiembre
Ónde ten lugar
Dirección: 
Doutor Zunzunegui, 7
Código Postal: 
36470
Localidade: 
  • EspañaGaliciaPontevedraSalceda de Caselas
Lugar: 
Salceda de Caselas
Quen organiza
Organiza: 
Concello de Salceda de Caselas
Oferta: 
Degustación de callos como plato típico de la zona desde hace más de 50 años. Se consumen más de 3.000 raciones.
Descripcion

Pobo de Salceda de Caselas está unido o manxar dos Callos desde tempos inmemoriais, e así, un prato que é coñecido en toda Galicia e que incluso é característico noutros lugares de España, para as xentes de Salceda é un prato de seu. A tradición ou costume remóntase os principios do século XX, O xa que non hai escritos que o certifiquen con anterioridade, cando as tascas de Salceda facendo coincidir os días de mercado (todos os Mércores) e os Domingos preparaban as súas deliciosas "tapas" ou "racións" de callos tanto para os asistentes coma para os mercaderes ambulantes. Existiron callos con sona en toda a comarca, como os preparados por ?Carola? no bar do seu nome (hoxe desaparecido) ou os do antigo "Bar Ozores". Pratos que facían desprazar hasta Salceda os padais máis exquisitos a probar estes manxares. Na actualidade o desprazarse a Salceda o día de mercado ou visitala un Domingo de mañá é case sinónimo de saborear unha tapa de callos regada con bo viño do Condado, e son cada vez máis os que se permiten este pequeno pracer a lo menos unha vez a semana.

O Concello habilita para a Festa a Praza do Concello cubríndoa cunha serie de carpas coas que protexer das inclemencias do tempo os comensais, as mesas están dispostas baixo as carpas para satisfacer o mesmo tempo a numerosos visitantes. Ademais o redor da praza colócanse unha serie de casetas nas que se ofrecen productos gastronómicos da comarca como queixos, requesóns, mel, embutidos e viños variados. Na organización colaboran decenas de xoves de Salceda que son os encargados de servir as racións, o viño, recoller as tarxetas etc? Tamén se dispoñen de zonas específicas de aparcamento para os que se desprazan dos concellos limítrofes.

Compartir