Skip to main content

FEIRA DE SAN MARTIÑO EN TEO

Arquivos adxuntos
FEIRA DE SAN MARTIÑO EN TEO
Cando ten lugar
Data habitual: 
11 de noviembre
Ónde ten lugar
Dirección: 
Ramallosa, s/n.
Código Postal: 
15886
Lugar: 
Teo
Quen organiza
Organiza: 
Comisión de Fiestas del Ayto. de Teo
Oferta: 
ganado caballar y maquinaria agrícola
Descripcion

. O Concello de Teo programa este ano actividades relacionadas coa feira do San Martiño, coa intención de dinamizar este evento e achegar as súas orixes históricas ás persoas do propio municipio. A fin de semana anterior ó 11 de novembro, data de celebración da feira cabalar en Francos, realizarase unha conferencia e un roteiro cultural que permitirán coñecer un pouco máis da realidade dunha festa que vén celebrándose dende hai séculos.

O sábado 5 de novembro ás 19:00 horas na escola unitaria de Francos realizarase unha conferencia sobre as orixes históricas da feira. Dúas especialistas en historia serán as encargadas de falar sobre os antecedentes desta xuntanza así como da súa evolución ó longo dos séculos. Con esta conferencia quérese aumentar o coñecemento sobre os acontecementos que nos son máis próximos e os espazos que habitamos noutras etapas da historia. Ese mesmo día o local estará aberto dende as 18:00 horas xa que se expoñerán distintos documentos históricos, planos e imaxes antigas, relacionadas todas coa aldea de Francos e os seus entorno.

O domingo 6 de novembro dende as 11:00 horas está programado un roteiro cultural de dúas horas de duración que terá de novo como eixe central o San Martiño. A saída da ruta será dende o campo da feira do San Martiño e a dificultade é baixa. A aldea de Francos é o centro do antigo “Couto de Francos”, un importante núcleo a nivel histórico, artístico e antropolóxico. Este roteiro está deseñado para mostrar algún dos elementos que lle dan esa riqueza como a aldea de Angueira de Castro, o pazo do Faramello, o camiño real de Francos, a casa de Raíces e o conxunto de vivendas anexas, a ponte de Paradela sobre o río Tinto que comunica os Concellos de Teo e Brión, o cruceiro medieval de Francos e a igrexa do Espíritu Santo, o cine Garpeni e a fonte das Barreiras.

O pleno ordinario do Concello de Teo do mes de xullo aprobaba por unanimidade propoñerlle á Xunta de Galicia a declaración da feira do San Martiño como festa de interese turístico. Daquela destacouse que esta feira ten unha antigüedade documentada de alomenos catro séculos. Na proposta aprobada no pleno xa se adiantaba a intención de realizar accións para o mantemento, dignificación e promoción da festa.

Compartir