Skip to main content

FESTA DO POLBO EN MUGARDOS ( FIESTA DEL PULPO )

Arquivos adxuntos
FESTA DO POLBO EN MUGARDOS ( FIESTA DEL PULPO )
FESTA DO POLBO EN MUGARDOS ( FIESTA DEL PULPO )
FESTA DO POLBO EN MUGARDOS ( FIESTA DEL PULPO )
Cando ten lugar
Data habitual: 
sempre se celebra o segundo sábado do mes de Xullo
Ónde ten lugar
Dirección: 
Cantón de Cora
Código Postal: 
15620
Localidade: 
  • EspañaGaliciaA CoruñaMugardos
Quen organiza
Organiza: 
Motivación: 
Degustación gastronómica
Oferta: 
Degustación gastronómica
Descripcion

Pero se hai un protagonista absoluto na gastronomía de Mugardos, este é o polbo. Ocupación tradicional dos mugardeses, tal e como se reflexa no cantar popular "os da Graña son cintores; os da Redonda canteiros; os de Cervás labradores e os de Mugardos, pulpeiros". A captura deste molusco foi a adicación case exclusiva durante décadas, xa que, xunto co Grove, na ría de Arousa, era o máis solicitado nas feiras do interior de Galicia.

A Festa do Polbo de Mugardos foi declarada Festa de Interese Turístico pola Xunta de Galicia.

A festa do produto máis típico de Mugardos celébrase no Cantón de Cora durante todo o día, no que a xente pode degustar o polbo á mugardesa,

 


 

O segredo da receita do Polbo á Mugardesa

 Mugardos ademais é coñecido na cociña galega e internacional por idear un prato propio de moi sinxela elaboración: o Polbo á Mugardesa. Cada casa, cada familia, cada cociñeiro ou cociñeira afirma posuír a mellor receita, por suposto, a todos e todas lla fixo chegar unha señora vellísima, quen xa morreu hai anos, revelándolles o seu segredo xusto antes de morrer. Sen valorar a certeza destas historias e sen entrar en discusión sobre cal é a mellor das receitas, podemos afirmar que os pasos básicos a seguir para a súa elaboración son os seguintes:

 Mázase o polbo

 Ponse en agua a ferver (preferiblemente de mar)

 Cando esta chega ao punto de ebulición, "asústase" o cefalópodo introducíndoo tres veces na pota, suxeitándoo pola cabeza, para que quede máis tenro

 Nunha tixola faise o refrito de aceite, cebola e pimentón doce

 Engádense as talladas de polbo

 Acompáñase con "cachelos"

Compartir