A FOLIADA é un encontro cultural de música, artesanía e tradición. A dinamización e divulgación da nosa cultura e o noso folclore é unha das prioridades deste evento, que se celebra anualmente a última fin de semana de abril en Melide.
A Foliada comezou a súa andaina no ano 2005 organizada pola Asociación cultural e musical O CASTELO e dende aquelas, foise convertindo nun evento que concentra obradoiros, conferencias, actividades formativas, mostra de artesanía, exposicións e actuacións musicais.