A Mázcara é o personaxe principal do entroido de Manzaneda. Leva un gran pucho de forma cónica engarzado con brillantes cintas de cores. Suxéitase á cabeza cun pano de cores atado pola parte posterior. Levan polainas brancas e puntillas de cores rechamantes. Cruzada no peito teñen unha mantilla floreada. Levan tamén un pequeno bastón. Reciben o nome de mázcaras aínda que levan o rostro descuberto. Como os boteiros, preceden ao folión e unha das súas características, a parte da elegancia, son os saltos que realizan e as súas mocas.
Para a fin de semana do 26 e 27 de febreiro, o centro histórico acollerá os pasarrúas dos Volanterios de Chantada (o sábado, a partir das 12.00 horas) e as Madamas e Galáns de Cobres (o domingo, ás 12.00 horas).