Un ambicioso proxecto cultural e gastronómico é o que ten deseñado o Concello de Antas de Ulla para o vindeiro mes de abril do presente Ano.
O Festival Primaveira Sons, desenvolverá durante os días 21,22,23 e 24 do citado mes un amplo abano de ofertas de ocio que abranguen, dende o eido musical -coa participación de ata 14 grupos de música pop-rock de Galicia- ata a gastronomía, coa celebración da Iª Festa do Churrasco de Porco.
O calendario de actividades será o seguinte:
Xoves 21 de abril:
* 16:00 horas. Obradoiro de Stop-Motión no Complexo Castrexo das Canteiras.
* 20:00 horas. Ciname de rúa. Previsto tamén no Complexo Castrexo.
* 22:00 horas. Actuación musical dos grupos
- Deaf Noise - Pito de Pikasso - Kambotes - Skandalo GZ - Matxetazo na Parrotxa
Venres 22 de abril:
* Dende as 10:00 horas. Concentración de Coches Clásicos. Exposición e Ruta turística.
* Ás 22:00 horas actuación musical dos grupos
- Noc - Németos - The Nosers - Xenro - Drama
Sábado 23 de abril:
* 16:00 horas. Paintball. Para participar é preciso contacto previo coa Oficina de Información Xuvenil do Concello.
* Ás 22:00 horas actuación musical a cargo de
- Querido Salvaxe - Dementia - Leite de Nai - 7 Puertas
Domingo 24 de abril:
* 14:30 horas. Iª Festa do Churrasco de Porco. (Venta de entradas nos establecementos da vila).
* Actuación do Grupo de Música Tradicional "Berros do Castro".
* Iª Feira de Meigas...
Durante todo o Festival haberá postos de artesanía, animación sociocultural, espectáculos de rúa e postos de alimentación.
Haberá zona de acampada de balde (aconséllase contacto previo coa Organización, chamando ó Concello e preguntar por Diego).
Os concertos terán lugar na Praza do Concello (aire libre) e na Praza Nova (espazo cuberto), según condicións meteorolóxicas