12.00 horas Praza da Peregrina. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo.
18.00 horas Praza da Verdura. Comezo do velorio de Ravachol na sala mortuoria. Prégase a asistencia de loito rigoroso.
21.00 horas Saída do cortexo fúnebre dende a praza da Verdura percorrendo as rúas San Román, Ferraría, paseo Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Sabela II, Rúa Real, Sarmiento, Pasantaría e praza da Ferraría. Como remate, procederase á incineración do finado. Na súa honra terá lugar un sentido espectáculo necrolóxico coa lectura dunha loanza fúnebre.