Skip to main content

Congreso: AURORA E MELANCOLÍA. O CINE ESPAÑOL DURANTE A II REPÚBLICA

Arquivos adxuntos
Congreso: AURORA E MELANCOLÍA. O CINE ESPAÑOL DURANTE A II REPÚBLICA
Ónde ten lugar
Localidade: 
  • EspañaGaliciaA CoruñaSantiago de Compostela
Quen organiza
Organiza: 
USC (Facultade de Xornalismo), AEHC e CGAI
Descripcion

Como parte dos actos do seu XIII Congreso, a desenvolver en Santiago de Compostela do 10 o 12 de marzo na Facultade de Xornalismo, a Asociación Española de Historiadores do Cine (AEHC) entregará as súas Medallas de Honor dirixidas a personalidades relevantes na historia do cine español e correspondentes aos anos 2009 e 2010, que nesta ocasión recoñecerán a traxectoria do produtor e distribuidor Enrique Cerezo, do actor Germán Cobos (protagonista de Brillante porvenir (1964) de Vicente Aranda e El aire de un crimen (1988) de Antonio Isasi), do director e escritor Gonzalo Suárez e do realizador e director de fotografía Lorenzo Soler, moi vinculado a Galicia polos seus traballos documentais durante a transición política española. Os catro persoeiros asistirán persoalmente a recollelas.

Compartir