Produtores e produtoras locais, outros chegados de diversas partes do Estado e ata do Brasil integrarán os preto de 50 stands da Feira. E coma todos os anos, música, teatro, conferencias, proxeccións, actividades para o público infantil e diversos xeitos de achegarse á Terra daranse cita na vila coruñesa.
Ademais e, sen dúbida e dadas as datas nas que se celebra, a Feira Ecolóxica será unha magnífica ocasión para facer de forma máis xusta e respectuosa coa contorna as compras do nadal.
Este evento está organizado e co-financiado polo Concello de Arzúa, financiado pola Deputación da Coruña e xestionado por Coperactiva Cultural