Skip to main content

Festival Folclórico Festas de SanTelmo en Tui

Arquivos adxuntos
Festival Folclórico Festas de SanTelmo en Tui
Cando ten lugar
Hora: 
18:00
Ónde ten lugar
Localidade: 
  • EspañaGaliciaPontevedraTui
Descripcion

No segundo día das festas de San Telmo a Concellería de Cultura de Tui vai brindar unha mostra do folclore e cultura tradicional coa organización do Festival Folclórico Festas de San Telmo. Este evento vai ter lugar este domingo, 24 de abril, a partir das 18h, no Teatro Municipal coa participación de oito agrupacións locais que sairán en desfile ás 17.30h dende a Praza de San Fernando.

 

Participarán neste Festival os grupos folclóricos das Asociacións Culturais de Areas, Caldelas, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe, Rebordáns, e, Ribadelouro. Cada unha delas actuará dez minutos ofrecendo unha pequena mostra do seu repertorio con pasodobres, muiñeiras, pandeiros, xotas,... para conformar así un espectáculo variado de danzas e cantos tradicionais.

 

A entrada ao festival é libre.

Compartir