Skip to main content

O Barco Muralla de Lugo súmase ós atractivos da feira das Quendas de Mondoñedo

Arquivos adxuntos
O Barco Muralla de Lugo súmase ós atractivos da feira das Quendas de Mondoñedo
Cando ten lugar
Hora: 
11:00 a 14:30 e de 16:00 a 18:30 h.
Ónde ten lugar
Localidade: 
  • EspañaGaliciaLugoMondoñedo
Descripcion

O festexo da cidade episcopal, con máis de 400 anos de historia, reúne a centos de veciños da comarca da Mariña e do resto de Lugo

 

O Barco Muralla de Lugo sumarase ós atractivos das Feiras e Festas das Quendas que se celebran esta fin de semana en Mondoñedo. A Deputación aproveita deste xeito a multitude de persoas que se concentra nesta cita festiva, con máis de 400 anos de historia, para dar a coñecer os atractivos naturais de Lugo e a súa Costa. A embarcación estará amarrada entre o sábado e o luns -os tres días da celebración- na rúa Marina Mayoral e poderá ser visitada de maneira totalmente gratuíta en horario de 11:00 a 14:30 e de 16:00 a 18:30.

 

As Feiras e Festas das Quendas reúnen cada ano na cidade episcopal a centos de veciños da comarca mariñana e do resto da provincia. A feira de gando e a Festa da Empanada, que chega neste 2011 á súa 28ª edición, son os principais ingredientes deste festexo, no que tamén haberá funcións de monicreques e de teatro, e verbenas a cargo de orquestras de sona. A programación arranca o sábado co típico desfile das raíñas das festas e o pregón, que nesta ocasión corre a cargo do mindoniense Francisco Piñeiro González, mestre, escritor e fundador de varios grupos teatrais da Mariña.

 

A construción do Barco Muralla de Lugo forma parte do programa medioambiental Lug02, promovido pola Deputación e dotado de 5 millóns de euros, dos que a Unión Europea aporta o 70%. Foi construído por unha empresa de Burela e pintado en Viveiro. O seu interior conta con ordenadores, todo tipo de información medioambiental, así como mobiliario e material náutico. Nas localidades nas que recala distribúense dípticos das Reservas da Biosfera, material didáctico, información empresarial e de bolsas de estudos, ademais de vídeos da provincia elaborados polos alumnos da Fundación TIC, dependente do organismo provincial.

 

Compartir