Skip to main content

Feira de Artesanía de Tui

Arquivos adxuntos
Feira de Artesanía de Tui
Cando ten lugar
Hora: 
Data: Sábado 5 e domingo 6 de maio de 12 a 22h
Ónde ten lugar
Localidade: 
  • EspañaGaliciaPontevedraTui
Descripcion

Tui celebra esta fin a XVI edición da Feira de Artesanía organizada pola Concellería de Cultura. Vaise celebrar mañá sábado e o domingo na rúa Ordóñez co presenza de máis de 30 postos de exposición e venda de artesanía, así coma coa presenza da Asociación de Palilleiras do Baixo Miño traballando ao longo de toda a fin de semana ao aire libre.
 
Na feira haberá variedade de obxectos feitos de forma artesán con cerámica, coiro, pirogravado, macramé, madeira, cristal...

Programación
-          Sábado 5
o       Ás 12h inauguración e actuación do grupo folclórico Inquedanzas de Pazos de Reis
o       Ás 18h Grupo folclórico O Mosteiro de Pexegueiro
o       Ás 20h Grupo folclórico Xuntanza de Randufe
-          Domingo 6
o       Ás 12h Grupo folclórico San Fins de Rebordáns
o       Ás 18h Grupo folclórico Santa Columba de Ribadelouro
o       Ás 20h Grupo folclórico Seixos Albos de Areas
-          Organiza: Concellería de Cultura de Tui
-          Colabora: Asociación de Palilleiras do Baixo Miño

Compartir