Skip to main content

FEIRA DO LIBRO DE TUI

Arquivos adxuntos
FEIRA DO LIBRO DE TUI
Cando ten lugar
Data: 
17/05/2024
Ónde ten lugar
Descripcion

 

XXI Feira do Libro Galego

Dedicado a María Victoria Moreno

 

“A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor", así o declaraba María Victoria Moreno, a autora a quen se lle dedica este 2018 o Día das Letras Galegas. As súas obras dende “Anagnórise” a “Diario da luz e a sombra” terán espazo destacado nos postos que as librarías tudenses Iris e Espazo Lector Nóbel presentarán no día das nosas letras.

 

Programa previsto

De 11 a 13h emisión especial en directo da Radio Municipal de Tui

Ás 11.00 h Acto de apertura a cargo da escritora tudense Conchi Regueiro

Ás 11.10 h Actuación do grupo de pandereteiras As Dabadía de Caldelas

Ás 11.30 h Actuación da Coral Ponte das Febres

Ás 12.00 h Contacontos con Saleta Fernández con “Pan e chocolate”

Ás 13.00 h Actuación da Banda de Gaitas San Xoán de Paramos

De 16 a 19 h Obradoiro de Marcapáxinas. Inicio cun contacontos do libro falado e en lingua de signos do libro “A festa no faiado” de Mª Victoria Moreno

Ás 17.30 h Actuación do grupo folclórico Santa Columba de Ribadelouro

Ás 18.30 h Circo de rúa con Pajarito con “A vida tola”

Ás 19.30 h Teatro de rúa con Ghazafelhos con “O vendedor de fume”

Ás 20.30 h Actuación da Coral do Centro Sociocomunitario de Tui

15 postos das librarías Iris e Espazo Lector Nobel (10% de desconto) no Paseo da Corredoira

Estarán expostos maios e paneis informativos sobre a figura de Mª Victoria Moreno realizados polos centros escolares e asociación culturais de Tui, e unha das bibliotecas móbiles realizadas polo Concello de Tui

Compartir