O recinto está dotado cunha superficie diáfana total de 800m2 de exposición dentro da nave, e un espacio exterior de máis de 2.000 metros. Tamén contamos coas instalacións de Aldea Nova e Bungallows do Camping Río Xuvia onde poderán aloxarse e disfrutar de productos de producción ecolóxica para almorzar, xantar e cear.
Este ano a organización lle dará un valor engadido a exposición celebrando as seguintes actividades:
Ciclos de conferencias baseadas en tres pilares fundamentais: aforro enerxético, ecoloxía e saúde
Obradoiros (construción natural, cociña solar, radiestesia, construción con balas de palla, obradoiros infantís)
Encontro solar: reuniremos a todos aqueles que teñan unha cociña ou forno solar para cociñar co sol.
Xa pode consultar no blogue (pincha aquí) toda a información confirmada ata o momento. Así como toda a información útil para asistir ao evento.