Skip to main content

Casetas gastronómicas

Arquivos adxuntos
Casetas gastronómicas
Cando ten lugar
Hora: 
19.00 h.
Ónde ten lugar
Descripcion

É unha das actividades máis agardadas das festas de Ourense, desde

que se puxo en marcha hai sete anos: as Casetas Gastronómicas apuran as

horas para abrir mañá as súas portas. A inauguración será ás sete

da tarde, e estarán abertas ata a unha da mañá. O resto dos días, o

horario será de 11.00 a 16.00 e de 19.00 a 1.00, aínda que a fin de

semana pecharán unha hora máis tarde.

 

A novidade deste ano é a incorporación de Cataluña, que participa

por primeira vez, e que ofrecerá sabores tan exclusivos como a

butifarra. Coma en edicións anteriores, cada caseta ofertará o máis

típico da súa área: na de Asturias, sidra natural escanciada, patacas

ó cabrales, chourizos á sidra ou fabada “si no aprieta demasiado el

calor”, segundo sinala a Coordinadora de montaxe e representante de

Asturias, Irene Vázquez. Desde Andalucía ofreceranse degustacións de

pescado frito, ibéricos e tostas de xamón ibérico con tomate e

aceite, regadas por fino, manzanilla e rebujito. E Cuba ocuparase da

sobremesa, cunha ampla variedade de cocteis. A coordinadora das Casetas

Gastronómicas asegura que “la gente ya nos conoce, las Casetas son un

lugar de encuentro, y hay gente que nos está esperando de un año para

otro”.

 

A instalación, entre cociñas, carpas e mesas para os clientes,

ocúpalles un día e medio. Comezaron a traballar esta mañá para telo

listo á hora da inauguración. Xa desde hoxe, e ata que rematen as

festas, as prazas de aparcamento da Avenida de Bos Aires situadas ó

carón da praza das Mercedes, permanecerán reservadas para as

camionetas e furgóns das Casetas Gastronómicas.

 

Mostra de Teatro na rúa

E mañá comeza tamén a décimo quinta edición da Mostra de Teatro

na rúa, cun espectáculo da compañía catalana “La Baldufa”,

premiado en certames nacionais e internacionais. Titúlase

“Zeppelin” e inclúe un dirixible que “surcará” o ceo

ourensán. A representación dura unha hora, e terá lugar ás 12 da

mañá e ás oito da tarde, na Rúa do Paseo.

 

A Mostra de Teatro na rúa prolongarase ata o venres. O mércores

(12.00 e 20.00h, nos Xardíns de Padre Feijóo) poderemos ver o

espectáculo “Trogloditas” de Tanxarina Títeres, premiado na

última edición dos María Casares de Teatro, e no que interactúan

títeres e actores. E pola noite (ás 22.30h), a praza de San Marcial

recuperará o seu carácter de escenario de títeres, como foi nos anos

setenta, cunha “Farsa para títeres para adultos” escrita por

Eduardo Blanco Amor: “Amor e Crimes de Juan Pantera”, de Títeres

Alakrán. O xoves, será o turno de DJ Capuzzi y la señorita x, con

“Disco Delivery”, un espectáculo que combina malabares, circo e

humor. E o venres, “Ne me quite Pas”, un “fermoso espectáculo

minimalista” -segundo sinala Aitor Rei, o coordinador da mostra- de

doce minutos de duración, e do que se ofrecerán tres pases a partir

das 12.00 da mañá, e das 20.00h (nos Xardíns de Padre Feijóo).

 

Compartir

feiras deputacion ourense