Skip to main content

Festa da Troita en Ponte Caldelas

Arquivos adxuntos
Festa da Troita en Ponte Caldelas
Festa da Troita en Ponte Caldelas
Quen organiza
Organiza: 
Concello de Ponte Caldelas
Descripcion

O Concurso Internacional de Pesca, modalidade de salmónidos, continúa, xunto co libro do que xa falamos, como punto aglutinador das moitas edicións da "Festa da Troita" que se levaron a cabo

O Concurso desenvólvese durante tres días nos que se fan competicións de tódalas modalidades e categorías. Os pescadores, chegados de toda Galicia, aproveitan as boas augas do río Verdugo ó seu paso pola vila para competir polos preciados trofeos (donados polas diferentes administracións públicas así como polos diferentes locais comerciais do Concello)

A organización corre a cargo da Sociedade de Caza e Pesca Verdeseixo de Ponte Caldelas co asesoramento da Federación Galega deste deporte. Proba da magnitude do evento, é que todas e cada unha das sociedades de pesca existente na nosa Comunidade Autónoma son invitadas a participar na competición, dándoselle toda clase de facilidades para que poidan acudir á ansiada cita respondendo as mesmas de forma moi positiva. Outra proba desta magnitude é que no ano 1.973 ese Concurso foi valedeiro para o Campionato de España da especialidade

Outro aspecto importante deste concurso é o lugar idóneo no que se celebra: lévase a cabo no paseo fluvial (de gran beleza paisaxística) que une a Praia Fluvial da Calzada coa mesma vila. Gracias a esta accesibilidade os afeccionados a este deporte chegados de toda a xeografía autonómica, poden ver in situ as evolucións dos participantes no Concurso. Trátase, claro está, dun aspecto moi aproveitado tanto para afeccionados como para a prensa.

En cuanto ó que á gastronomía se refire, se pode degustar a troita en tódalas suas formas de preparación, estando a disposición dos visitantes en tódolos restaurantes da vila xa durante os días anteriores e posteriores á data da festa.

Agora ben, desde que en 1.993 se prohibira a comercialización da troita de río, os hosteleiros tiveron que recurrir ós exemplares criados en piscifactoría, experimentando un leve descenso na súa petición. Nembargantes a organización, para paliar e recuperar este descenso, soubo sacar adiante outras iniciativas como é a degustación popular de troitas. Asimesmo os responsables dos establecementos hoteleiros souberon estar á altura das circunstancias con outras especialidades culinarias como o cabrito, a caza (perdiz e coello), etc que se poden degustar á par das troitas nestas datas

A degustación popular de troitas require unha atención especial. Vense celebrando durante os últimos anos e xa adquiriu un importante éxito de participación. Nela tódolos hosteleiros da vila exhiben as súas especialidades que son preparadas diante da atenta mirada de todos aqueles que se achegan ó evento e que poderán probar o manxar acompañado dos excelentes viños que se poden atopar na nosa xeografía.

CONCURSO 2012 - http://www.culturagalega.info/concurso/carteles-de-la-festa-da-troita-2012

Compartir