Skip to main content

FESTAS DO CARME E A FRAGA EN AS PONTES

Arquivos adxuntos
FESTAS DO CARME E A FRAGA EN AS PONTES
Ónde ten lugar
Localidade: 
  • EspañaGaliciaA CoruñaPontes de García Rodríguez (As)
Lugar: 
Quen organiza
Organiza: 
Descripcion

As Pontes é a única vila galega de interior que honra coas súas festas á Virxe do Carme. Esta celebración, que conta cun importante raizame no municipio, ten lugar cada 16 de xullo dende o ano 1741. Durante varios días sucédense os pasacalles, verbenas, actos culturais como o parque@ctivo e deportivos que enchen de rebumbio as rúas do lugar.

 

Especial relevancia merecen a gran procesión nocturna que o sábado da festa parte da capela do Carme coa imaxe da Virxe e a que a leva de volta o domingo pola mañá, camiñando sobre unha extensa alfombra floral.

 

O colofón destas celebracións chega cada 24 e 25 de xullo da man da tradicional Romaría da Fraga. Por espazo de dous días esta carballeira municipal de gran vistosidade acolle as casetas de madeira dos romeiros que xantan e dormen no lugar. A misa de campaña, os gaiteiros, as orquestras e mesmo a celebración dun festival folk non son máis que algúns dos ingredientes da xolda.

Compartir