Skip to main content

Feira do Grelo e Entroido, As Pontes

Arquivos adxuntos
Feira do Grelo e Entroido, As Pontes
Feira do Grelo e Entroido, As Pontes
Feira do Grelo e Entroido, As Pontes
Quen organiza
Organiza: 
Descripcion

A Feira do Grelo, a primeira que se adicou en Galicia e este produto, celebrouse por primeira vez no ano 1981, froito dunha iniciativa desenvolvida pola corporación municipal e a comisión de festas daquel ano. Vendo o auxe da industria e a progresiva desaparición da agricultura tradicional decidiron potenciar e promocionar un dos produtos típicos da zona: o grelo.

Dende aquelas datas vén celebrándose con carácter anual, cada domingo de Entroido, esta festa que atrae a milleiros de persoas de toda Galicia. Ao longo da xornada sucédense diversos actos entre os que destacan o concurso de grelos, que comeza a primeira hora da mañá e que achega ás Pontes a produtores non só da comarca do Eume, senón da Terra Chá, Ortegal e Ferrolterra. Neste concurso prémiase a calidade do grelo, e tamén as cestas mellor adornadas. Xa preto do mediodía pódese gozar da degustación elaborada con grelos e outros produtos da zona.

Outro dos grandes atractivos desta feira son os freixós, que se cociñan nunha freixoeira de grandes dimensións, que fai ata 200 freixós nunha hora, e teñen unha gran demanda e aceptación polos asistentes á feira.

Entre as actividades paralelas da feira, destaca a mostra de artesanía aberta durante toda a mañá, e na que se poden visitar postos de varias modalidades de artesanía, e produtos agroalimentarios de calidade. Con esta mostra preténdese promocionar a artesanía en xeral, e os produtos da comarca do Eume en particular.

 

O festival de comparsas que se celebra no auditorio municipal pola tarde remata os actos deste domingo de entroido.

O entroido é unha tradición moi arraigada na vila de As Pontes, as máscaras ou entroidos déixanse ver polas rúas dende o venres, tanto polo día como á noite. Ademais das actividades do Concello, outras entidades organizan “bailes de entroido” de moita tradición en As Pontes.

O martes de entroido, festivo local en As Pontes, é o día que se celebra a cabalgata, e os disfraces desfilan polas rúas da vila, e remata coa entrega de premios.

Martes de Entroido Cabalgata

Compartir