10:00 Recepción 10:30 Roteiro Teatral: O monte, o lavadoiro, o forno, a lareira, a escola e o tundal. 14:30 Xantar na aldea con Maria Castaña 16:30 Sega/Malla 19:00 Romaría Agrupación Musical Buxaina Concerto de Música Folk: A QENLLA
Son d’Aldea é unha actividade dinamizadora da cultura rural que procura amosala, proxectala e dignificala a través dunha xornada de participación activa da cidadanía que se achegue a Albá (Palas de Rei) nesa xornada festiva. Trátase dunha aproximación ás coordenadas sociais e culturais do rural no pasado, e dunha reflexión sobre novas vías de ruralidade no presente. Un recoñecemento á súa riqueza e á súa heteroxeneidade a través dun espectáculo teatral que transita por diferentes escenarios (O monte, o lavadoiro, o forno, a lareira, a escola e o tundal) e que ofrece unha visión de diversos oficios; dun Xantar con produtos elaborados por xente que traballa no rural na actualidade e dunha Romaría Tradicional que pechará este evento.