No aberto do monte de San Roque, lugar onde está o monumento dedicado á Virxe da Rocha, celébrase nesta data unha popular romaría campestre. A festa complétase cun concurso de bailes rexionais, a actuación de grupos de coros e danzas e coa fermosa danza das espadas, creada hai cinco séculos polos mariñeiros baioneses.