Skip to main content

Festas de Santa Rita en Vilagarcia de Arousa

Arquivos adxuntos
Festas de Santa Rita en Vilagarcia de Arousa
Ónde ten lugar
Localidade: 
  • EspañaGaliciaPontevedraVilagarcía de Arousa
Quen organiza
Descripcion

As celebracións para honrar a esta santa italiana, da que se venera unha imaxe na igrexa-convento de Vista Alegre, teñen lugar o 22 de maio (festivo local) e son o estoupido de saída para a maratón lúdica que durará ata setembro. Santa Rita de Casía goza de gran devoción entre os vilagarciáns e os veciños de todo O Salnés, que recorren á “avogada dos imposibles” para que lles axude a resolve-los seus problemas. As celebracións teñen marcado carácter relixioso: dende moi temperán e durante todo o día se celebran misas no templo ás que acoden centenares de fieles de toda la comarca. Pola tarde, ten lugar unha multitudinaria procesión que percorre as principais rúas da vila.

Unha peculiaridade das festas de Santa Rita é o seu carácter de romaría urbana. Nos arredores do recinto histórico-artístico de Vista Alegre sitúanse numerosos postos de vendedores de rosquillas, globos, larpeiradas, prendas de vestir e, por suposto, as típicas “pulpeiras”. O ambiente festivo complétase coa celebración de verbenas e a actuación de charangas e grupos folclóricos.

Compartir