Skip to main content

Romaría da Sta. Sabela en Silleda

Arquivos adxuntos
Romaría da Sta. Sabela en Silleda
Ónde ten lugar
Quen organiza
Organiza: 
Descripcion

A Romaría da Sta. Sabela, como tódalas desta categoría, pérdese na memoria do tempo. Ten data fixa, porque o seu día sinalado, o 2 de xullo, é o que marca o festivo. É unha festa profundamente relixiosa, da Galicia máis profunda, que mestura o animismo, paganismo e cristianización. Onde o motivo da fe está na sanación de doenzas relacionadas coa pel, vista e ósos a través da invocación da Santa e da realización do ritual duns actos na pedra sagrada, a Penadauga, con poderes curativos.

Actos: Todo en Escuadro está relacionado. Os romeiros, que son milleiros, con doenzas de pel (soriase, verrugas, dermatite), de vista ou de ósos, teñen un protocolo que seguir. Asistir a unha misa na honra da Santa, pasar por debaixo da imaxe cando sae a procesión e acudir á Penadauga para lavar as partes danadas na auga que está sobre a rocha, ou ben, refregarse coa parte do corpo doente. Para completar o programa terapéutico e na medida das posibilidades, pode doar en ofrenda un animal, ou calquera outra cousa, á igrexa para que sexa poxada publicamente entre os asistentes, no adro do santuario.

Data: 2 de xullo e domingo seguinte
Mes: xullo
Antigüidade: romaría tradicional moi antiga.
Coordenadas: X: 557.386 Y: 4. 726.599 H: 29

Compartir