Skip to main content

Festa da Coca en Redondela

Arquivos adxuntos
Festa da Coca en Redondela
Quen organiza
Organiza: 
Descripcion

Declarada de Interés Turístico Galego en 2001

onta a lenda que, fai moitos séculos, vivía cerca de Redondela un drago que de vez en cando chegaba á vila para levarse a unha xove a sua cova. Así o fixo varias veces, ata que os xóves mariñeiros armaronse de coraxe e un día acordaron encararse ó monstruo. Así o fixeron e despois dunha dura loita saliron victoriosos. Xa vencido o truxeron ó pobo, ó mesmo tempo que liberaron ás xóves que tiña na cova. Foi aquí, en Redondela, despois de que o drago dera os seus últimos suspiros, cando os valientes xóves, colléndose as espadas uns ós outros, empezaron a bailar arredor do drago morto"

 A orixe desta manifestación perdese na noite dos tempos.Non cabe dubida que renacese e se extendese tal e como chegou ós nosos días na Edade Media, pois non se trata mais que dunha representación plástica do Demo, típicamente cristiana, de feito semellante a como se viña facendo é a escultura e pintura, tanto románicas como góticas.

 Pero o loitar un Deus (ou un representante do mesmo) cunha serpe ou dragón é moi vello, tanto que xa existía nas relixións antigas.

 CocaA primeira denominación que temos documentada e a de "coquetriz" ( Ourense 1437 ), que non é mais que un cocodrilo. No texto galego de Ourense non é mais que o dragón que iba na procesión do Corpus levado polos zapateiros. Non cabe dúbida pois, que o nome ven do latín cocatrix ( cocodrilo ), e que xa se atopa a mediados do século XV ( 1441 ) nun documento de Ourense tal e como se di agora : coqa e qoqa.

Compartir