Melide vive a súa semana grande nas datas do San Roque. Durante máis dunha semana, a vila énchese de actividades culturais e musicais, e a súa poboación chega a triplicarse. As Festas de San Roque celébranse entre o 15 e o 21 de agosto.