Skip to main content

FESTA DO CONGRO

Arquivos adxuntos
FESTA DO CONGRO
Ónde ten lugar
Localidade: 
  • EspañaGaliciaA CoruñaMuxía
Quen organiza
Organiza: 
Descripcion

Exaltación do produto típico da vila. No ano 2006 celebrouse a X edición da celebración. Durante toda a xornada realízanse actuacións folklóricas e pasarrúas, ademais da degustación do congro pola gran cantidade de visitantes que nesas datas acoden a Muxía. O produto prepárase nas súas diversas variedades (empanada, caldeirada, á prancha, etc.) polos diferentes establecementos do concello (restaurantes, panaderías, bares, etc.), podendo degustarse na carpa instalada para a Festa e tamén nos restaurantes e bares a un prezo económico.

Aparte desta celebración gastronómica, en Muxía tamén poden degustarse ao longo de todo o ano pratos típicos doutros pescados (bertorella, badexo, dorada, etc.) e todo tipo de mariscos (percebes, bois, nécoras, centolos, etc.).

Compartir