Ríndese homenaxe a este acto co que a uva inicia o seu camiño para transformarse en viño. Parte fundamental desta festa é o pasarrúas con carrozas no que grupos de veciños/as (a participación local é unha peza fundamental) representan as diferentes tarefas relacionadas co cultivo da vide e a elaboración do viño.