Romaría do San Antón, máis coñecida como a Festa do Chourizo. Nela, os romeus vanse repartindo e collendo sitio polo monte, ao redor da capela, con sacos de comida (chourizo, costela de porco, empanada) e viño.
A Romaría do San Antón atópase entre a mitoloxía ancestral e a relixiosidade popular. Esta trata da típica ofrenda ao protector benfeitor, no pasado, unha divindade ou forza da natureza, hoxe chamado San Antón.
En devandita festa aparecen, por primeira vez ao ano, os Cigarróns de Verín, anunciando á proximidade do Entroido