Skip to main content

SAN LÁZARO e CERTAME GASTRONÓMICO "VILA DE VERÍN"

Arquivos adxuntos
SAN LÁZARO e CERTAME GASTRONÓMICO "VILA DE VERÍN"
Ónde ten lugar
Localidade: 
  • EspañaGaliciaOurenseVerín
Descripcion

Outrora era unha gran feira anual, celebrada na primavera, ao redor da Capela de San Lázaro. Nela, miles de persoas procedentes de Portugal e outros puntos de Galicia e Castela, realizaban importantes transaccións; pero co paso do tempo centrouse máis no aspecto festivo que no comercial e gastronómico.

Na actualidade, este evento, comprende ademais da celebración relixiosa en honra a San Lázaro, a realización dunha serie de actividades lúdico-culturais, que transcorren en distintas localizacións e que o converten nun acontecemento recuperado de outrora, completo e integrado con actividades pensadas para todos os públicos.

A Feira do Lázaro, instalada no Pavillón de Deportes de Verín, está articulada nunha gran variedade de espazos temáticos: Denominacións de Orixe de Galicia, artesanía, arte, oportunidades, obradoiros, ludoteca.

Compartir

feiras deputacion ourense