Skip to main content

FESTA DO CARMEN, Illa de Arousa

Arquivos adxuntos
FESTA DO CARMEN, Illa de Arousa
Ónde ten lugar
Localidade: 
    Quen organiza
    Descripcion

    O sábado teñen lugar os festexos en honor á Virxe do Carmen, patrona dos mariñeiros. É sin lugar a dudas o día máis importante para este pobo, coa procesión marítimo- terrestre e ofrenda floral que desde 1.948 se ven facendo como tradición.

    Empeza este día coa saída da Virxe da Igrexa Parroquial até o Porto do Xufre omde se celebra unha misa solemne na súa honra, continúase co embarque da imaxe para a procesión marítima, ofrenda floral e posterior desembarco no Porto do Campo, regresando a imaxe á igrexa e recibindo por parte dos mariñeiros a despedida co canto da "Salve".

    O día do Carme é sempre un sábado, e celébrase normalmente a finais de xullo, variando a data para que coincida con mareas vivas

    Xa pola noite a Comisión despídese coa verbena e rolda de fogos artificiais.

    Compartir