Skip to main content

FASHION´S NIGHT OUT DE BETANZOS

Arquivos adxuntos
FASHION´S NIGHT OUT DE BETANZOS
FASHION´S NIGHT OUT DE BETANZOS
FASHION´S NIGHT OUT DE BETANZOS
Ónde ten lugar
Localidade: 
  • EspañaGaliciaA CoruñaBetanzos
Descripcion

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos está ultimar os preparativos da primeira noite de portas abertas do Comercio de Betanzos. A FASHION´S NIGHT OUT de BETANZOS que se celebrará o vindeiro venres 9 de decembro en horario de 20.30 a 00.00 h. Trátase dunha xornada na que os establecementos comerciais manterán as súas portas abertas ata a media noite ofrecendo detalles especiais, sorteos, regalos e sorpresas. Ademais os establecementos ofrecerán unha decoración especial, degustacións, música en directo, dj´s, sesións de fotografía con photocall etc.

Son un total de 49 establecementos de diferentes sectores os que se sumaron ó evento: moda, florerías, librerías, beleza, decoración, complementos, puericultura, saúde, regalos, perfumería, xoiería, instrumentos musicais…

ACEBE CCA plantexa o evento como unha xornada festiva do comercio coincidindo ademais coa celebración da SEMANA DO PINCHO e do MERCADIÑO DE NADAL, organizados polo Concello de Betanzos. O evento contará ademais coa colaboración dos establecementos hostaleiros que están incluídos na asociación que ofrecerán descontos nas ceas e consumicións gratuitas presentando os vales que se entregarán nos establecimientos participantes con cada compra.

ACEBE CCA plantéxase o evento como un día de celebración conxunta do comercio e da hostalería e desexa que esta ocasión sexa a primeira dunha estreita colaboración entre ámbolos dous sectores para promocionar e dinamizar a actividade comercial e a oferta ocio de Betanzos.

A FASHION´S NIGHT OUT é unha iniciativa que conta ademais coa colaboración do Concello de Betanzos, da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia.

 

Compartir