O Entroido celébrase con ganas en toda a xeografía do concello de Touro, fomentando así, as antigas tradicións que pouco a pouco se seguen mantendo.
Tamén se fomenta esta actividade no Colexio e escolas unitarias do concello, onde os nenos deseñan e realizan os seus propios disfraces, para poder despois desfilar con eles no desfile que se celebra o venres antes do Entroido e que se realiza polas rúas do concello.
O "Santo Entroido" é o principal protagonista da festa pagana de Martes de Entroido que se acostuma a celebrar na parroquia de Fao. O Entroido é un personaxe simpático, osado, que disfruta dos máximos praceres da vida, derrochador, que transmite ós demáis chispa, ledicia, ritmo, luxuria, abusos e pracer para os sentidos, en fin, representa ao pecado. Por iso esta festa estivo moitos anos prohibida pola Igrexa Católica e despois do seu santo enterro, o martes de carnaval, deixa paso a Dona Coresma que sae vencedora ata o vindeiro ano despois do seu enfrontamento co Entroido.
O Vello dos Cornos non é unha persoa real. Trátase tamén dun personaxe típico das máscaras de Martes de Entroido en Fao. Para disfrazarse de Vello dos Cornos había que buscar un home que cos seus ditos ocorrentes e chistosos soubera dar boas respostas aos demáis personaxes da comparsa carnavalesca (vellos, alcalde, frades, etc.) coa intención de facer rir á xente.
http://www.touroturismo.com