Skip to main content
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.*,v.weight AS v_weight_unused FROM term_node r INNER JOIN web68db1.term_data t ON r.tid = t.tid INNER JOIN web68db1.vocabulary v ON t.vid = v.vid WHERE r.vid = 32981 ORDER BY v.weight, t.weight, t.name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 640.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 10941 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 11522 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 11515 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 418 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 482 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 7967 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE (t.language ='gl' OR t.language ='es' OR t.language ='' OR t.language IS NULL) AND ( t.vid = 44 )ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.

Entroido en Pontevedra

Arquivos adxuntos
Entroido en Pontevedra
Entroido en Pontevedra
Entroido en Pontevedra
Entroido en Pontevedra
Entroido en Pontevedra
Entroido en Pontevedra
Entroido en Pontevedra
Entroido en Pontevedra
Entroido en Pontevedra
Ónde ten lugar
Localidade: 
    Quen organiza
    Descripcion

    PROGRAMA DO ENTROIDO 2020

    VENRES 14 DE FEBREIRO

    18.00 horas Pasacalles Madamas e Galáns de Cobres

    VENRES 21 DE FEBREIRO

    20.00 horas Praza da Ferraría. Degustación de filloas de Entroido

    21.00 horas Praza da Ferraría. Recepción do alcalde a Urco, rei do Entroido, quen

    chegará a Pontevedra acompañado do seu séquito e das comparsas Os

    Canecos, Amoriños de Bora, Os 100 Tolos, Os da Caña, Las Flores del

    Carnaval, Os Solfamidas, Os Paparrulos, As Sonecas e Os Miúdos.

    Lectura do pregón a cargo da Asociación Recriativa de Xeve

    SÁBADO 22 DE FEBREIRO

    11.00 horas Pasacalles polo centro histórico da comparsa Os Canecos

    16.00 horas José Malvar. Concentración dos participantes no desfile para

    realizar a inscrición e recollida do número de participación

    17.00 horas Desfile do Entroido. Saída dende a rúa de José Malvar; percorrerá as rúas de

    Loureiro Crespo, Benito Corbal, Peregrina, Michelena, praza de España e rúa

    da Alameda

    20.00 horas Praza da Ferraría. Celebración da festa do Entroido durante a que se fará

    entrega dos premios do concurso de disfraces en cada unha das

    modalidades.

    LUNS 24 DE FEBREIRO

    De 9.30 a 14.00 VI Campamento Urbano Entroido Pirata

    Para nenas e nenos de 5 a 12 anos

    Inscrición no Casino Mercantil e Industrial (praza de Curros Enríquez)

    teléfono: 986 851 670

    17.00 horas Praza da Verdura. Obradoiros de xogos e disfraces

    19.30 horas Praza da Peregrina. Presentación do loro Ravachol

    Recreación da botica de don Perfecto Feijoo

    Actuación:

    Comando Foucellas

    21.00 horas Pazo da Cultura. Primeira eliminatoria do XXIX Concurso de Murgas

    MARTES 25 DE FEBREIRO

    De 9.30 a 14.00 horas VI Campamento Urbano Entroido Pirata

    Para nenas e nenos de 5 a 12 anos

    Inscrición no Casino Mercantil e Industrial (praza de Curros Enríquez)

    teléfono: 986 851 670

    16.30 horas XXV Festa da Filloa, concurso de filloas

    Organiza: Radio Voz. Promove: Concello de Pontevedra

    Mercado de abastos

    17.00 horas Praza da Ferraría. Festa Pirata de Entroido Infantil

    Animación infantil con Rivel e varios DJ

    22.00 horas Noite Pirata. Desembarco da tripulación do Burla Negra no centro histórico.

    Amosa o teu lado pirata! Únete ao Pirata da Moureira!

    Asociación Combrus e Troula

    A continuación animación de rúa coas comparsas:

    Os da Caña

    Solfamidas

    Las Flores del Carnaval

    Os Miúdos

    As Sonecas

    Os Paparrulos

    Os Canecos

    Os 100 Tolos

    Amoriños de Bora

    Vamos a Todo

    MÉRCORES 26 DE FEBREIRO

    17.30 horas Campo da festa de Cabaleiro. Recuperación do Entroido tradicional de

    Campañó. A Corrida da Rosca

    Festival infantil do Entroido

    17.00 horas Praza da Peregrina. Obradoiro: As máscaras de Ravachol

    17.30 horas Discoteca Daniel. Baile de disfraces para persoas maiores

    Orquestra Bahía

    19.00 horas Recreación da botica de don Perfecto Feijoo

    Ambientación a cargo da Aula de Teatro Municipal e persoeiros relevantes

    da época na cidade

    Actuación de Xeitura

    21.00 horas Pazo da Cultura. Segunda eliminatoria do XXIX Concurso de Murgas

    XOVES 27 DE FEBREIRO

    21.00 horas Pazo da Cultura. Final do XXIX Concurso de Murgas

    VENRES 28 DE FEBREIRO

    22.30 horas Prazas e rúas da cidade. XXVI Mostra da Parodia do Entroido

    00.30 horas Praza da Ferraría. Entrega de premios da XXVI Mostra da Parodia do

    Entroido

    SÁBADO 29 DE FEBREIRO

    12.00 horas Praza da Peregrina. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo, actuación

    de Comando Foucellas e Os Alegres

    13.00 horas Murgas na Rúa

    Murga PTV

    Murga Os do Val do Lérez

    Murga Equipo Ja

    Murga do Naveiro

    Prazas de Curros Enríquez, Méndez Núñez, Verdura, praza de abastos e

    da Leña

    18.00 horas Praza da Verdura. Comezo do velorio de Ravachol na sala mortuoria.

    Prégase a asistencia de loito rigoroso

    21.00 horas Saída do cortexo fúnebre dende a praza da Verdura acompañado do seu

    séquito e das comparsas Amoriños de Bora, Os Canecos, Os Paparrulos, Os

    Solfamidas, Os 100 Tolos, Os Paparrulos, Os Miúdos, Las Flores del

    Carnaval, Vamos a Todo, Os da Caña e As Sonecas percorrendo as rúas de

    San Román, A Ferraría, paseo de Antonio Odriozola, Soportais, Manuel

    Quiroga, Princesa, Sabela II, Rúa Real, Sarmiento, Pasantaría e praza da

    Ferraría

    VELORIO INFAUSTO

    Cabodano das honras fúnebres do fenecido Ravachol

    Praza da Ferraría

    Procederase á incineración do finado. Na súa honra terá lugar unha sentida coroa fúnebre,

    cun espectáculo necrolóxico.

    Programa:

    1º Introito coa lectura dunha elexía para o finado

    2º Os de Algures e Coro Vindrel

    3º Celme, danza da morte

    4º Saeta Val do Lérez

    5º Incineración do loro Ravachol

    VIII XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

    LUGAR: Centro Nemonon

    DATAS: 28 E 29 DE FEBREIRO

    Exposición fotográfica sobre o Entroido de Galiza

    Aberta mañá e tarde

    VENRES 28 DE FEBREIRO

    18.00 horas Apertura das xornadas

    18.10 horas Presentación do libro Historia e recuperación do Entroido de Samede, de

    Emi Cagiao

    18.30 horas Conferencia a cargo da Asociación Felos e Madamas de Esgos: “O Entroido

    de Esgos”

    19.15 horas Conferencia de Julio I. González: “O mundo do revés. O teatro de Entroido

    en Galicia”

    20.00 horas Mesa redonda e coloquio cos relatores

    SÁBADO 29 DE FEBREIRO

    18.00 horas Benvida

    18.10 horas Presentación do libro Festividade de inverno na provincia de Ourense de

    Carlos X. Ares

    18.30 horas Conferencia Lidia Mariño: “A figura da Vella no Entroido”

    19.15 horas Conferencia de Chema Cebeiro (A Regionalista de Teo): “A Danza de

    Entroido na Ulla”

    20.00 horas Mesa redonda e coloquio final

    20.30 horas Clausura das xornadas

    BASES DO DESFILE DO ENTROIDO

    As comparsas compoñeranse dun mínimo de 20 persoas que irán acompañadas de

    instrumentos musicais e interpretarán cancións carnavalescas ou pasacalles durante o desfile. A

    maioría dos seus compoñentes deben ir a pé. Os nenos e nenas que participen no desfile non

    poderán entrar no concurso a non ser que estean integrados nunha comparsa ou cun grupo de

    adultos. O xurado terá en conta o vestiario, a animación de rúa e a calidade musical.

    Os disfraces premiados daranse a coñecer durante o transcurso da verbena do Entroido,

    que se celebrará na noite do sábado 22 de febreiro na praza da Ferraría. Os premios deberanse

    recoller de xeito obrigatorio cos mesmos disfraces cos que foron premiados. Ademais levarán a

    tarxeta de inscrición e mais os DNI.

    Para valorar os disfraces, o xurado terá en conta non só a categoría do disfrace, senón

    tamén a participación activa e humorística durante o desfile. Haberá un premio especial do

    Entroido consistente no Ravachol 2020 para aquela comparsa ou grupo que, a xuízo do xurado,

    reúna especiais características no conxunto. Este premio poderá quedar deserto.

    O xurado resérvase o dereito a descualificar aquelas persoas con disfraces que, ao seu

    xuízo, poidan resultar ofensivos, de dubidosa interpretación ou que non cumpran as normas que

    ao longo da comitiva vaia transmitindo o persoal de organización, que irá debidamente

    identificado.

    As e os participantes, no momento da súa inscrición, deberán presentar copia dos DNI dos

    integrantes e facer constar en que modalidade queren participar: facha ou disfrace. O prazo de

    inscrición comenza o día seguinte da publicación das bases da convocatoria no BOP ata as 13.00

    horas do venres 21 de febreiro no Servizo de Cultura (rúa dos Churruchaos nº 2, 1º andar) e o

    sábado 22 de febreiro día do desfile na rúa de José Malvar ata as 16.30.

    A orde de participación das comparsas no desfile determinarase logo dun sorteo, que se

    realizará unha vez rematado o prazo de inscrición.

    Os grupos sobre camións - góndolas ou grandes plataformas non poderán exceder o ancho

    da propia góndola ou plataforma nin superar os 4 metros de altura; en calquera caso todos os

    participantes do Entroido adaptarán as súas estruturas ao trazado por onde transcorre o desfile.

    A participación supón a plena aceptación destas bases. Os participantes deberán inscribirse

    na modalidade axeitada. A decisión do xurado será inapelable.

    PREMIOS DO DESFILE DO ENTROIDO

    INDIVIDUAIS DISFRACE FACHAS

    1º Premio 250,00 € 250,00 €

    2º Premio 150,00 € 150,00 €

    PARELLAS DISFRACE FACHAS

    1º Premio 350,00 € 350,00 €

    2º Premio 230,00 € 230,00 €

    GRUPOS DISFRACE FACHAS

    1º Premio 2.400,00 € 2.400,00 €

    2º Premio 1.700,00 € 1.700,00 €

    3º Premio 1.200,00 € 1.200,00 €

    4º Premio 900,00 € 900,00 €

    5º Premio 500,00 € 500,00 €

    6º Premio 300,00 € 300,00 €

    COMPARSA

    1º Premio 2.400,00 €

    2º Premio 1.800,00 €

    3º Premio 1.600,00 €

    4º Premio 1.150,00 €

    5º Premio 850,00 €

    6º Premio 540,00 €

    BASES DO CONCURSO DE MURGAS

    Deben estar compostas por un número mínimo de cinco persoas e un máximo de vinte e

    terán que ir acompañadas de calquera tipo de instrumento.

    Aquelas que desexen participar deberán realizar a súa inscrición no Servizo de Cultura (rúa

    dos Churruchaos nº 2, 1º andar) dende o día seguinte á publicación das bases da convocatoria no

    BOP ata as 12.00 horas do sábado 22 de febreiro, presentando copia dos DNI dos integrantes da

    murga.

    Os/as integrantes de cada murga só poden participar única e exclusivamente nunha.

    A orde para a interpretación das cancións de cada unha das murgas quedará establecida

    mediante un sorteo que se celebrará o sábado día 22 de febreiro, ás 12.00 horas, no Servizo de

    Cultura (rúa dos Churruchaos nº 2, 1º andar) ao que debe asistir un representante de cada murga.

    O tempo destinado a cada actuación é de 30 minutos como máximo. Poderá ser inferior se

    cada murga o desexa así.

    As cancións que se interpreten serán de temática libre e adaptadas ao estilo do Entroido.

    Valorarase a contribución humorística na actuación.

    Cada murga recibirá un premio de 250 euros pola súa participación.

    No caso de que a participación exceda de cinco murgas, celebraranse dúas eliminatorias

    que terán lugar no Pazo da Cultura o luns día 24 de febreiro e o mércores día 26 de febreiro ás

    21.00 horas, a final será o xoves 27 de febreiro ás 21.00 horas.

    Calquera aspecto non contemplado nestas bases resolverao o xurado. O feito de presentarse

    ao concurso supón a aceptación destas bases e mais a conformidade coa decisión do xurado, que

    será inapelable.

    PREMIOS DO CONCURSO DE MURGAS

    1º Premio.............................1.200 €

    2º Premio.............................1.050 €

    3º Premio .............................900 €

    4º Premio............................750 €

    5º Premio..........................400 €

    Premio por participar ......250 €

    BASES DA MOSTRA DA PARODIA

    No concurso da Mostra da Parodia valorarase a orixinalidade e a novidade, tanto dos

    disfraces como das parodias que se representen.

    Cada grupo participante representará a súa parodia nunha praza ou rúa da cidade, que se

    decidirá logo de celebrar o correspondente sorteo.

    A inscrición para participar nesta mostra farase no Servizo de Cultura (rúa dos

    Churruchaos nº 2, 1º andar) dende o día seguinte da publicación das bases da convocatoria no BOP

    ata o sábado 22 de febreiro, ás 12.00 horas, para inscribirse terán que presentar copia dos DNI dos

    integrantes da parodia.

    Os grupos participantes comezarán a súa representación a partir das 22.00 horas do venres

    28 de febreiro, no lugar previamente asignado.

    Ás parodias sobre camións - góndola ou grandes plataformas asignaráselles, igualmente

    por sorteo, un espazo na rúa de Benito Corbal ou na praza de España.

    A entrega dos premios celebrarase ás 00.30 horas na praza da Ferraría.

    PREMIOS XXV MOSTRA DA PARODIA DO ENTROIDO

    1º Premio......................................... 1.300 € + Ravachol 2020

    2º Premio......................................... 1.000 €

    2º Premio......................................... 1.000 €

    3º Premio......................................... 700 €

    3º Premio......................................... 700 €

    3º Premio......................................... 700 €

    PREMIOS DO CONCURSO DE FILLOAS

    1º Premio......................................... 450 €

    2º Premio......................................... 300 €

    3º Premio......................................... 180 €

    4º Premio......................................... 120 € (á mellor presentación)

    5º Premio.......................................... Vale por unha lacoada doado por Supermercados Froiz

    Premio ao mellor disfrace

    Tres cheques – compra doados polo Centro Comercial Urbano-Zona Monumental

    ORGANIZA: Radio Voz

    PROMOVE: Concello de Pontevedra

    COLABORAN: Supermercados Froiz, Centro Comercial Urbano-Zona Monumental,

    ex-alumnos da Escola de Hostalaría Carlos Oroza.

    XORNADAS GASTRONÓMICAS

    Distintos establecementos hostaleiros ofrecerán degustacións e menús típicos do Entroido.

    COA COLABORACIÓN DO CENTRO COMERCIAL URBANO-ZONA MONUMENTAL

    Compartir