ENTROIDO. Tódolos anos celebramos o domingo de corredoira, no que se organiza un percorrido de carrozas e máscaras por tódolos pobos do Concello; logo o domingo de entroido celébrase o concurso de máscaras; o luns de entroido non pode faltar a noite de rodos e fachiqueiros
Felos, corozas e rodos, é o típico da zona. Todas estas máscaras son dun gran colorido, os felos, por exemplo, son un disfrace moi vistoso e relativamente barato e fácil de facer.
Outro disfrace típico é a coroza, que tamén utilizan os gandeiros para resgardarse do frío. Consta de tres partes, o carapucho, o corpo e as polainas. Está realizada con xuncos.
O rodo non é precisamente un disfrace senón unha forma de correr o entroido, que se celebra nas parroquias de Pazos do Arenteiro. Unha comitiva vai polas rúas facendo soar os rodos contra as pedras ou tocando cun martelo contra o rodo.
En Boborás, ata non fai moito, o cabalo tiña un forte protagonismo, xa que era un animal que abundaba nestas terras.
Malestar en Boborás por la supresión de la fiesta de carnaval - Vecinos y oposición achacan a la crisis de gobierno la decisión
http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/02/12/0003_201102O12C10991.htm
O orzamento do Entroido adícase a gasto social en Boborás
http://www.laregion.es/articulo/o-carballinho/orzamento-do-entroido-adicase-gasto-social-boboras/20110211075014137850.html