Skip to main content

REPARTO DE ORELLAS EN VIGO

Arquivos adxuntos
REPARTO DE ORELLAS EN VIGO
Cando ten lugar
Hora: 
entre as 18 e 20 horas,
Quen organiza
Descripcion

A CONCELLERÍA DE TURISMO DO CONCELLO DE OURENSE FARÁ UN REPARTO DE ORELLAS MAÑÁ, XOVES 9, NA PRAZA DO TOURAL DE SANTIAGO DENTRO DA CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DO ENTROIDO

 O concello de Ourense, a través da Empresa Municipal da Concellería de Turismo, fará un reparto de orellas mañá, venres día 10 de febreiro entre as 18 e 20 horas, na rúa do Príncipe, fronte á Sucursal do Banesto, co fin de atraer ao chamado turismo de proximidade dentro da campaña de promoción do entroido de Ourense. Todas as persoas que o desexen poderán degustar este doce tradicional típico destas datas.

 O entroido ourensán foi declarada Festa de Interese Turístico, e xunto cos carnavais de Laza, Verín e Xinzo conforman o chamado “cadrado máxico”. De ampla tradición e repercusión na cidade, o entroido celebrarase na cidade das Burgas entre o venres 17 de febreiro e o mércores 22 de febreiro. A concellería de Turismo do concello de Ourense promociona un ano máis esta festividade de gran arraigo na que os hostaleiros porán a disposición dos visitantes ofertas para a estancia e degustación de menús típicos destas datas.

 Ademais de ser a chamada Capital do Entroido, Ourense foi nomeada polo Parlamento de Galicia hai tres anos a capital termal. Haberá tamén ofertas específicas para eses días nos balnearios das Burgas, da Chavasqueira e de Oira.

 Os visitantes que se acheguen á cidade das Burgas poderán presenciar en directo os distintos desfiles que terán lugar na cidade, especialmente o do domingo 19 de febreiro, no que se elixirán ao Rei e á Raíña do Carnaval.

 Os visitantes poderán presenciar tamén as tradicionais comparsas que ano tras ano se dan cita no entroido ourensán que estarán acompañadas polas congregacións máis representativas como son Paquita e Nicanor de Seixalbo, Frei Canedo, As Romanas da Ponte e as Pitas das Eiroás, que locerán o tradicional traxe do entroido ourensán.

 

 

Compartir