Skip to main content

XXXI Feira do Libro de Santiago

Arquivos adxuntos
XXXI Feira do Libro de Santiago
Cando ten lugar
Hora: 
Todo el día
Ónde ten lugar
Quen organiza
Descripcion

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

 

Día 28. Sábado

 

12:45

Actuación musical: Banda de Música de Santiago de Compostela.

 

13:00

Inauguración oficial.

Intervencións dos representantes institucionais.

Pregón inaugural a cargo de Víctor F. Freixanes.

Participación da Asociación do Traxe Galego.

 

18:00

Actividade infantil: Obradoiro de Xogos Malabares. Yuma

 

19:00

Sinatura de libros: Historia de Santiago de Compostela, de Mercedes López-Mayán, Beatriz Castro Díaz e Alfonso Iglesias Amorín, publicado por de Vía Láctea Editorial

 

20:.00

Presentación de libros: Morgana en Esmelle

Participan: Begoña Caamaño, autora, Víctor F. Freixanes, Director Xeral de Galaxia e María Xesús Nogueira, profesora de Filoloxía Galega na USC

 

21:15

Sorteo dun lote de libros.

 

________________________________________

Día 29. Domingo

 

13:00

Actuación musical: Banda e Orquestra da Escola Municipal de Música do Concello de Santiago.

 

18:00

Obradoiro de narración oral e contacontos: Boniface Ofogo, narrador senegalés

Ao remate, o autor asinará exemplares do seu libro O león Kandinga, publicado por Kalandraka Editora.

 

19:00

Presentación de novidades editoriais: “O renacer da literatura fantástica en galego”. Urco Editora e Contos Estranos Editora.

 

21:15

Sorteo dun lote de libros.

 

Día 30. Luns

 

18.30

A Fundación Eduardo Pondal, de Ponteceso presenta o seu programa Festiletras. Participarán na mesa de presentación Xosé Neira Vilas, Xosé Luís Fondo, alcalde de Ponteceso e presidente da Fundación e Uxía Blanco. Ao remate das intervencións, actuación do grupo Cultura Activa e da cantante Alba Costa.

 

19:00

Presentación do libro 100 anos do himno de Galicia, publicado por Edicións Embora.

Participa: Xosé Neira Vilas, autor. Ao remate do acto, o autor asinará exemplares das súas obras.

 

20:00

Presentación do libro A praza é nosa. Quen constrúe a democracia? , publicado por 2.0 Editora

Participan: Marcos Pérez Pena, xornalista e coordinador do libro, Antón Lado, editor, e varios dos autores.

 

21:15

Sorteo dun lote de libros.

________________________________________

Día 1. Martes

 

18:00

Actividade para nenos: Obradoiro de baile e xogos tradicionais. Cantigas e Agarimos

 

19:00

Presentación dos libros Medievalario, de Fran Zabaleta e Mi padre comía botones, de Juan Sacha Full, editados por Redelibros.

Participan: os autores e un representante da editorial.

 

20:00

Mesa redonda: “Segredos da novela histórica”

Participan: Marcos Calveiro (autor de Settecento, Ed. Xerais), Pere Tobaruela (autor de Poñente, Ed. Xerais) e Fran Zabaleta (autor de Medievalario, Redelibros). Ao remate do acto, os autores asinarán exemplares dos seus libros.

 

21:15

Sorteo dun lote de libros.

________________________________________

Día 2. Mércores

 

19:00

Presentación do libro Por un común denominador. A esquerda da nación, publicado por 2.0 Editora.

Participan: Martiño Noriega, autor, e Manuel M. Barreiro, editor.

 

20:00

Presentación do libro O silencio, publicado por Edicións Xerais de Galicia.

Participan: Mario Regueira, autor, e Manuel Bragado Rodríguez, Director Xeral da editorial.

 

21:15

Sorteo dun lote de libros.

________________________________________

Día 3. Xoves

 

18:00

Actividade infantil: “Un conto de sempre”. Monicreques Cascanueces

 

19:00

Presentación dos libros Ruído de fondo, de Daniel Salgado e Os fillos do mar, de Pedro Feijóo, publicados por Edicións Xerais de Galicia.

Participan: os autores e Manuel Bragado Rodríguez, Director Xeral da editorial.

Ao remate do acto, os escritores asinarán exemplares dos seus libros.

 

21:15

Sorteo dun lote de libros.

________________________________________

Día 4. Venres

 

18:00

Actividade infantil: “O Pequeño Cabaret de tolos” Monicreques Cascanueces

 

19:00

Presentación do libro Herdeiros pola forza, publicado por 2.0 Editora.

Participan: Xurxo Ayán e Manuel Gago , autores, e Manuel Lado, editor.

 

20:00

Presentación do libro Un pozo moi fondo, publicado por Editorial Galaxia.

Participan: o doutor José Luís Iglesias Díaz, autor, Nieves Herrero, vogal de ABAGAL (Asociación de Bulimia e Anorexia de Galicia) e o editor Francisco Castro.

 

21:15

Sorteo dun lote de libros.

________________________________________

Día 5. Sábado

 

12:30

Presentación da colección Cociña infantil e familiar, da editorial Ouvirmos.

Cursos de cociña para nenos.

Horarios: Mañá de 12:30 a 14:00 horas

Tarde de 17:30 a 19:00 horas

 

19:00

Presentación dos libros Iria, de Anxo Angueira e Transmuta, de Xabier Cordal, publicados por Edicións Xerais de Galicia.

Participan: os autores e Manuel Bragado Rodríguez, Director Xeral da editorial.

Ao remate do acto, os escritores asinarán exemplares dos seus libros.

 

21:15

Sorteo dun lote de libros.

________________________________________

Día 6. Domingo

 

18:00

Presentación: Paula Carballeira e un representante de Kalandraka Editora presentan O principio, novo álbum desta autora e narradora, ilustrado por Sonja Danowski: unha historia sobre a crueldade da guerra, cunha mensaxe de esperanza.

 

19:00

Sinatura do libro Almas opuestas, de Cristina Prieto Solano e Irene Castelos Cortizas, publicado por Ediciones Hades.

 

21:15

Sorteo dun lote de libros

 

21:30

Peche da Feira do Libro

 

 

 

 

COLABORADORES

• Concello de Santiago

• Deputación Provincial da Coruña

• Asociación do Traxe Galego

 

 

 

RELACIÓN DE PARTICIPANTES

 

 

• Biblioteca Pública Ánxel Casal

• Consorcio Editorial Galego

• Editores de Compostela

• Gran Enciclopedia Galega

• Ler Librarías. A Pobra do Caramiñal

• Libraría Aenea. Santiago

• Libraría Brañas. Carballo

• Libraría Brea. Betanzos

• Libraría Cartabón. Vigo

• Libraría Pedreira. Santiago

• Libros Para Soñar. Vigo

• Urco Editora

• Secretaría e Información

• Caseta de firmas

 

Compartir