ACTOS: Misa as 13 horas - Cantada polo CORO DE MAIORES DA UNED SENIOR DE MOMAN na Capela de San Antón
as 13.30 -sesión vermú coa actuación da orquesta-AGUAZUL
HABERA MERENDAS NA CARBALLEIRA CON SERVICIO DE PULPERIA acoompañados polo GRUPO DE GAITAS"OSTREVILLAS"
Pola tarde competicións deportivas
GRAN VERBENA a partir das 23 horas coa orquesta Aguazul e o representante da "terra cha" no programa de "LUAR" BRUNO E VINMA
ORGANIZA:SOCIEDADE CULTURAL E RECREATIVA DE MOMAN
Momán (XERMADE) ·
San Mamede de Momán é unha parroquia do concello lugués de Xermade na comarca da Terra Chá. No ano 2007 contaba con 286 habitantes, deles 145 eran homes e 141 eran mulleres, o que supón unha diminución de 33 habitantes en relación ao ano 2000.
Compuesta por: O Bidueiro, O Campo, O Campo da Feira, A Candieira, Castrorramil, A Cerdeira, O Codeso, A Cruz Vella, O Fonxérez, Liñares, O Meiriño, O Palacio, A Pallota, O Pedrón, Pena de Corvos, A Pigaroa, A Poupariña, O Sangradoiro, O Uzal, O Vilar, A Zalaroia y Zarracín.
Capela de San Anton. Situada no Campo dá Feira, onde se celebraban ditos eventos. Formada por unha nave de teito moderno, arco triunfal, capela maior con sinxelo artesonado e sancristía detrás. O presbiterio ten chan de pedra e o resto en cemento. A sancristía ten a entrada polo lado esquerdo, do mesmo xeito que a nave e no dintel da porta lateral está a data de 1.751. No presbiterio, inmediato ao altar maior hai un fermoso retablo (s. XVIII), con columnas salomónicas e imaxes laterais de San Ramón Nonato e San Anton de Padua, e imaxe da Inmaculada ao óleo (s. XVIII). Na sancristía está a imaxe de San Estanislao de Koska do s. XVIII