O Concello de Pontevedra e a Asociación de Naseiros Alvedosa, de Ponte Sampaio, asinaron esta mañá o convenio de colaboración para a celebración da Festa da Anguía de Ponte Sampaio, que se celebrará o vindeiro domingo, 3 de xullo.
As actividades da festividade comezarán o sábado, 30 de xuño coa seguinte programación:
• 20 horas. Inauguración da exposición dos traballos de redación e debuxo realizados polos alumnos do colexio A Xunqueira de Ponte Sampaio. Actuación dos diferentes grupos de baile da Asociación Cultural Beira do Río de Ponte Sampaio.
• 21 horas Comezo da degustación de anguía no recinto da Xunqueira.
• 22 horas Gran verbena a cargo dos grupos Amazonas e Azar.
O día grande da festa da anguía será o domingo, 1 de xullo e terá a seguinte programación:
• 10 horas. Comezo da degustación de anguía no recinto da Xunqueira, que se prolongará durante todo o día. Pasarrúas a cargo da charanga Apeles.
• 13 horas. Lectura do pregón a cargo de Bieito Lobeira (Deputado do BNG no Parlamento galego). Homenaxe aos mariñeiros xubilados Jesús Crespo Rivas e Juan Álvarez Freijanes. Imposición da anguía de ouro á empresa portuguesa Irmaos Norinho Lda.
• 18 horas. Actuación da banda e gaitas e percusión Foula de Cotobade.