Con este evento, os labregos e labregas que dan vida a
este mercado queren celebrar a entrada da nova estación e festexala coas
persoas que acudan a mercar ese día.
Quen se achegue ao Mercado de Teo mañá, poderá gorentarse con petiscos
elaborados por labregos e labregas con alimentos da terra a un prezo
simbólico, atopar postos de artesanía a maiores dos de venda de
alimentos ou escoitar o bo facer da formación de música tradicional
Requinta Follas Novas. E iso sen esquecer a ampla oferta de produtos
locais e de tempada que, como cada sábado, porán calidade e saúde na
cesta de quen faga alí as súas compras. A Festa do Inverno comezará ás
11:00 horas e será na praza do Mercado dos Tilos, en Teo. ¡AGARDÁMOSVOS!