Skip to main content

Entroido en Ourense, Ciudad

Arquivos adxuntos
Entroido en Ourense, Ciudad
Entroido en Ourense, Ciudad
Entroido en Ourense, Ciudad
Quen organiza
Descripcion
O xoves de comadres daralle a benvida aos actos de Entroido 2016 organizados polo Concello de Ourense, o
Máis de 20 charangas para animar os días, tres orquestras e sesións Dj para as n noites, obradoiros para cativos e un pregón que anuncia sorpresas, entre as actividades máis destacadas. “Con esta programación queremos consolidar a implicación da xente nas rúas e converter Ourense na capital do Entroido”, afirmou a concelleira de Cultura durante a presentación, na que estivo secundada por representantes dos diferentes entroidos da cidade e polo deseñador do cartel, Roberto Vázquez Araújo.
 
O xoves de comadres, o día 4 de febreiro, marcará o comezo das actividades coas regueifas e loitas tradicionais na Praza Maior ás 11:30 horas e, xa pola noite, haberá animación de rúa desde as 20:30 horas. As charangas estarán permanentemente presentes en horario de 11:30, 17:30 e 20:30 horas, así como as actividades infantís, repartidas entre a praza de Don Bosco e a Alameda, mesturando actividades didácticas e outras máis lúdicas con ambientación mariñeira e do lonxano oeste.
 
O venres día 5 será o comezo oficial: o grupo de teatro Abducidos, coa ambientación musical de Fanfarria Takikardia, será o encargado de dar un pregón que anuncia moitas sorpresas. Logo do pregón, celebrarase a tradicional cea de benvida do Entroido, desde as 22:00 horas na carpa da Alameda e, desde a media noite, continúa a festa coa sesión Dj. O domingo, desde as 17:00 horas, celebrarase o tradicional desfile de comparsas e carrozas, para o que aínda permanece o prazo de inscrición aberto, e concluirá coa elección do rei ou raíña do Entroido na Praza Maior desde as 19:30 horas.
 
O Entroido estenderase tamén polos barrios da cidade: A Ponte celebrará o seu Frei Canedo, ao que sacarán en procesión o luns ás 20:15 horas; Seixalbo honrará a Paquita e o Nicanor, , destacando o domingo oleiro, e nas Eiroás haberá actividades tradicionais entre as que destaca o mercadiño de Dona Gumersinda.

Compartir

feiras deputacion ourense