Skip to main content

ENTROIDO 2013 do Concello de Muros: CONCURSO DE COMPARSAS

Arquivos adxuntos
ENTROIDO 2013 do Concello de Muros:  CONCURSO DE COMPARSAS
Ónde ten lugar
Lugar: 
Descripcion

ENTROIDO 2013 Concello de Muros

CONCURSO DE COMPARSAS

Domingo 10 de febreiro

 

O Domingo de Entroido, día 10 de febreiro, terá lugar en Muros o Concurso de Comparsas, que se rexerá polas seguintes

 

BASES

 

1/ Poderán participar tódalas asociacións, comunidades, colexios e persoas que o desexen

 

2/ As comparsas deberán de estar formadas por un mínimo de 5 persoas.

 

3/ As inscricións das mesmas farase no Centro Cultural e Xuvenil de Muros, ou a través do teléfono 981762294, fax 981762313 ou da web www.muros.es, dende o día 21 de xaneiro ata o 10 de febreiro ás 15:00 horas.

 

4/ As comparsas deberán de presentarse na Virxe do Camiño o día 10 de febreiro ás 16:45 horas, xa debidamente ataviadas. A orde de participación será a mesma que a da inscrición.

 

5/ O desfile dará comezo ás 17:00 h: dende a Virxe do Camiño ata o Curro da Praza; e deberá seguir o ritmo que marque o grupo de música que encabece o desfile.

 

6/ A actuación de cada comparsa no palco non poderá exceder os 10 minutos de duración, o contrario supoñerá penalización.

 

7/ Os premios a outorgar son os seguintes:

1º PREMIO – 1.000 €, 2º PREMIO - 500 €, 3º PREMIO - 300 €, 4º PREMIO - 200 €, 5º PREMIO – 100 €

 

8/ O Xurado estará composto por:

Un representante de cada comparsa, que será nomeado por estas no momento da inscrición, todos eles estarán presente no lugar e hora de saída do desfile e reuniranse na casa do concello ao final das actuacións para emitir a súa votación, en presencia de dúas persoas do equipo de goberno municipal.

 

9/ O fallo do Xurado darase a coñecer ao remate das actuacións no palco. Valorarase a creatividade dos disfraces, caracterización dos seus compoñentes, a posta en escena durante o desfile, a representación no escenario e as murgas ou coplas.

 

10/ No caso de condicións climatolóxicas adversas, o desfile trasladarase para o pavillón municipal de Miraflores.

 

11/ A decisión do Xurado será inapelable.

 

12/ A participación no concurso supón a aceptación destas bases

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ENTROIDO 2013 Concello de Muros

 

PROGRAMA

 

VENRES 08/02/2013:

 

17:00 h - FESTA INFANTIL DE DISFRACES EN LOURO. Colaboran ANPA Agra de Filgueira e SC Monte Louro

 

SÁBADO 09/02/2013:

 

17:00 h - FESTA INFANTIL DE DISFRACES EN ABELLEIRA. Coorganiza A.C. A Ponte vella

 

17:00 h - FESTA INFANTIL DE DISFRACES EN TAL. Coorganiza A.C. Careca

 

DOMINGO 10/02/2013. MUROS:

 

12:00 h - ACTUACIÓN DE GALANÍA

 

17:00 h - CONCURSO DE COMPARSAS

Premios: 1000 € - 500 € - 300 € - 200 € - 100 €

ACTUACIÓN DA CHARANGA SOLFAMIDAS

 

LUNS 11/02/2013:

 

10:30 – 13:00 h – ACTIVIDADES DE CONCILIACIÓN NOS PAVILLÓNS DE ESTEIRO E MUROS. Inscrición e información no Departamento de Servizos Sociais

 

17:00 h - FESTA INFANTIL DE DISFRACES EN ESTEIRO. Colabora ANPA de Esteiro

 

17:00 h - FESTA INFANTIL DE DISFRACES EN SERRES. Coorganiza A.C.D. Galanía

 

MARTES 12/02/2013:

 

10:30 – 13:00 h – ACTIVIDADES DE CONCILIACIÓN NOS PAVILLÓNS DE ESTEIRO E MUROS. Inscrición e información no Departamento de Servizos Sociais

 

17:00 h - FESTA INFANTIL DE DISFRACES EN TOREA. Colaboran veciños de Torea

 

18:00 h – FESTA INFANTIL DE DISFRACES BIBLIOTECA DE MUROS.

 

MÉRCORES 21 DE FEBREIRO. MUROS:

 

ENTERRO DO FACUNDO

18:00 H.- SAÍDA DA COMITIVA FÚNEBRE, coa actuación de FALTRIQUEIRA

 

19:00 H.- REPRESENTACIÓN NO CURRO DA PRAZA E QUEIMA DO FACUNDO

 

Compartir