Nesta xornada, que comezará en torno ás 10 da mañá, ademais da variedade
de
produtos que ofrecerán os postos participantes na feira, haberá ocasión de
asistir a un* obradoiro de elaboración de xabón* contra ó mediodía e a
unha*palestra sobre a minaría
* ás 16 horas. Ademais da música durante a xornada con Bico da Balouta e
outr@s, ás 17 horas, haberá un *encontro musical *coa virtuosa violinista
Genma e o seu grupo Donos da Besta e as pandereteiras de Bouba, entre
outr@s.
Entre os produtos que ofrecen os postos e a comida solidaria que ofrece a
organización, o xantar estará asegurado.
A última hora do serán, realizarase un sorteo entre todas as persoas que
compraron algún produto na feira. O premio consistirá nunha cesta composta
por produtos que aportará cada posto participante na feira.
En arquivo adxunto enviámosvos o cartaz da actividade por se tendes a ben,
cooperar con nós na difusión desta actividade