Skip to main content

III Festa Normanda de recuperación da memoria histórica de Foz

Arquivos adxuntos
III Festa Normanda de recuperación da memoria histórica de Foz
Ónde ten lugar
Lugar: 
Porto e centro de Foz
Descripcion

A Festa Normanda de Foz celebra unha nova edición na que a vila tornará ata o século X, lembrando a lenda do bispo santo e a defensa da vila frente ás invasións normandas que durante séculos, repetiríanse por toda a xeografía galega.

Coa participación do Grupo Taranis (Lugo), Gallaecia Ulf (Lugo) e Os Mercenarios de Norte (A Coruña), a música, as exhibicións, obradoiros, xogos e recreación cultural teran lugar de xeito continuo no campamento instalado frente ao CENIMA.

Os visitantes poderán mercar os mellores obxectos traidos polos artesáns situados no mercado vikingo, na rúa Paco Maañón.

Xogos populares, carreiras de pipos, cucaña, lanzamento de alpaca, o gran desembarco do sábado e o desembarco miudo do domingo, bodas vikingas, concerto e moitas máis actividades vos esperan na despedida do verán da mariña lucense!

Non o esquezas!, ven a coñecer a Festa Normanda de Foz!

Compartir