Skip to main content

FESTA DO QUEIXO DE ARZÚA

Arquivos adxuntos
FESTA DO QUEIXO DE ARZÚA
FESTA DO QUEIXO DE ARZÚA
FESTA DO QUEIXO DE ARZÚA
Cando ten lugar
Hora: 
Todo el día
Ónde ten lugar
Localidade: 
  • EspañaGaliciaA CoruñaArzúa
Lugar: 
Descripcion

40 anos de festa. A Festa do Queixo é unha celebración de tod@s onde queixo é protagonista desde 1975. Arzúa transfórmase nun espazo contemporáneo e multidisciplinar onde se reúnen arredor de 40.000 persoas. Un vieiro de acontecementos que aportan valor engadido cultural, didáctico e económico. Gastronomía, música, cultura, tradición e innovación. Un lugar aberto a tod@s e pensado para tod@s.

O recinto feiral ‘Terra do Queixo’ abre o sábado de 11 h. a 20.30 h. e o domingo 1 de 10 h. a 18.30 h. Acolle durante 2 días a artesáns e profesionais, actividades formativas, culturais e de lecer. É o punto de encontro e o gran espazo de intercambio. No posto da Organización hai información, un Fotocol para ‘queixear’ co mellor sorriso e 40 produtos diferentes da festa! 

A programación conta con novidades, sobre todo para os máis pequenos/as. Comeza a semana previa co ciclo de cinema, exposicións e catas. Xa a fin de semana, concurso de tapas e petiscos (venres 27), animación, sesión vermú coa banda de música, obradoiros e actividades: repostería creativa... Moitas delas son de balde, e as que non, a prezo moi reducido. E xa pola noitiña, 3 días de concertos totalmente de balde no Festival do Queixo

www.festadoqueixo.org

Compartir