Skip to main content

III FERIA DE NADAL DO VAL DE ESMELLE

Arquivos adxuntos
III FERIA DE NADAL DO VAL DE ESMELLE
Cando ten lugar
Hora: 
Todo el día
Ónde ten lugar
Descripcion

Descrición:

O Val de Esmelle celebra a terceira edición da Feira de Nadal, que terá

lugar o sábado día 7 de decembro, no local da AVV do Val de Esmelle a

partir das dez dá mañá e durante toda a xornada, baixo unha gran carpa.

O mercado do Nadal, organizado conxuntamente dende a AVV Valle e a

Asociación de Mulleres Rio D’aneiro, ten como obxectivo poñer en valor os

produtos e “o saber facer” deste território.

“Posicionar o microdestino turístico “Valle de Esmelle” cunha oferta

variada, tanto en actividades na natureza coma en gastronomia e produtos,

supoñe un dos nosos retos”, comenta Rafael Beceiro, coordinador desta

iniciativa.

A II Feira do Nadal Valle de Esmelle convértese nun escaparate da nova marca

turística onde os visitantes, ademais de disfrutar dunha xornada de descanso

neste privilexiado entorno, poderán adquirir adornos e agasallos para o

Nadal, produtos agroalimentarios, artesanía, prantas e árbores, 2º mán,

roupa, bisutería, etc... e tamén participar nos talleres e actividades que

se desenvolven o longo do día.

Así, haberá produtos elaborados polos propios veciños como mel, bolachas,

doces, licores caseiros e oferta hortícola do propio val, todo presentado de

maneira atractiva e coidada.

Tamén haberá degustacións de Callos (5 euros ración) ao mediodia e Caldo

Galego (2 euros ración) pola tarde.

Trátase de pór á venda produtos 100% realizados na zona e a iniciativa,

que xorde grazas á participación voluntaria dos veciños e empresarios da

zona, ten afán de continuidade, consolidandose como unha cita anual coa

cooperación como motor de desenvolvemento local.

A III Feira de Nadal do Valle de Esmelle enmárcase nun dos eixos do plan

estratéxico do Proxecto Esmelle que busca recadar fondos que permitan

financiar as súas accións, orientadas todas elas ao desenvolvemento

territorial e a situar a zona como destino turístico activo.

Ademais da Feira, haberá talleres de cestería, decoración de camisetas,

montaxe dunha colmea, monecas de trapo e scrapbooking de Nadal (elaboración

de felicitacións). Tamén contaremos coa animación da Charanga “Os

charangos de Neda” e hinchables para os nenos.

Animamos a visitar a Feira que se desenvolverá de 10 da maña a 10 da noite

na pista polideportiva do Local Social de Esmelle.

 

Compartir