Skip to main content

Feira de Cuspedriños

Arquivos adxuntos
Feira de Cuspedriños
Cando ten lugar
Hora: 
10.00 h.
Descripcion

Descrición:

Aínda que inicialmente esta feira era de gando na actualidade tratase de

exaltar os produtos artesanais e a gastronomía da feira.

Dentro deste marco, coidase a estética dos materiais e ambientación da

feira, polo que invitamos a todos, a que veñan vestidos dos anos 50-60

(desempovar a roupa dos avós) e poidades achegar ata Cuspedriños para

compartir unha xornada emocionante e divertida.

 

O gando e a agricultura segue estando presente na feira, coas exposición de

razas autóctonas, como galiña de mos, porco celta, etc ... no entorno do

curro.

 

Na terraza da carballeira establécense os artesáns e oficios que ofrecen os

seus servizos aos visitantes.

 

No entorno do Mercado tradicional están situados os produtos de

alimentación: pan, queixo, embutidos, requeixo, viño, filloas,...

 

A Feira desenvolvese durante toda a xornada, contando con diferentes

actividades de animación e entretemento. O programa soe axustarse ao

seguinte:

 

Ás 10:00 terá lugar a apertura de postos da Feira. Aquí podemos atopar

produtos en exposición e venda de alimentación: pan, queixos, doces,

embutidos, filloas, polbo, etc. Tamén contamos con postos de artesanía de

cestos, ferralla, instrumentos musicais, coiro, sombreiros, etc. Estes postos

permanecerán abertos ata o fin da Feira que terá lugar aproximadamente ás

19:00 da tarde.

 

Poderán observar a exposición que estará no lugar da Asociación Galega de

Cetreria.

 

Ás 12:00 realizará a súa chegada o autobús de época (cedido pola Empresa

Autocares Cuiña) con personaxes de época, músicos e algunha sorpresa mais.

Seguidamente chegarán mais dunha trintena de vehículos antigos, que farán

o percorrido desde Viascón ata Cuspedriños, onde se quedarán expostos para

que todos os visitantes poidan aprecialos, grazas a colaboración da

asociación de " Amigos dos vehículos antigos".

 

Durante toda a Feira haberá animación a cargo de gaiteiros, pandereteiras,

o afiador, o cego e o fotografo.

 

Os mais cativos, e os mais grandes, tamén poderán participar nas

actividades de xogos populares, manualidades, obradoiros supervisados por

monitores especializados, para que a Feira se converta nun espazo de

relación e diversión durante toda a xornada do domingo.

 

Poderás quedar a comer na feira nos diversos locais de comida elaborada que

se situarán ese día en Cuspedriños, e que contarán cos produtos da zona.

 

Xa pola tarde - Ás 17:00 a Asociación do Traxe Galego realizará unha

pasarela de traxes tradicionais galegos e escenificará durante toda a tarde

unha romeira de antaño.

Compartir