Skip to main content

Entroido en Parada de Amoeiro

Arquivos adxuntos
Entroido en Parada de Amoeiro
Descripcion

O que antes era un miúdo son ó lonxe, muduo, dende hai unhas semanas, cara un bulir de trasnos que non paran de enredar. Roxen os motores das carrozas e vense veciñas e veciños correndo de aquí para aló.

 

Achégase o Entroido de Parada de Amoeiro 2015, e adivíñase a ledicia de xentes que animarán o noso municipio, así como os de Cea, Maside, O Carballiño … e só as meigas saben que outros lugares o gozarán.

 

Como adianto, aquí xace, no alto, o Meco. E as súas imaxes adórnanse co emblema municipal que lucirá nas carrozas que se desprazarán ata a poboación do Arenteiro, así como naquelas que queiran amosar este símbolo ó longo de calquera lugar do percorrido. Estas últimas disporán de dita imaxe (unha para cada lateral) solicitándoa ó Concello de Amoeiro persoalmente, por teléfono (988281000) 

https://www.facebook.com/pages/Carnaval-de-Parada-de-Amoeiro/53125693356...

Compartir