Skip to main content

MERCADO DA ARTE, A ARTE NO MERCADO

Arquivos adxuntos
MERCADO DA ARTE, A ARTE NO MERCADO
Ónde ten lugar
Descripcion

MERCADO DA ARTE, A ARTE NO MERCADO

Coordinación xeral: Luz Darriba

Concello de Lugo, Concellería de Cultura

Asociación Monumental Mercado Municipal

 

 

A proposta consiste en realizar unha feira de arte na Praza de Abastos remodelada de Lugo. O obxectivo é potenciar a arte, a cultura, toda a actividade creativa, nun momento de mínimos históricos, e facelo nun entorno que tamén é importante potenciar. Alimentos para o corpo, alimentos para o espírito, que se interrelacionan nun encontro amoroso e lúdico.

Artistas:

Dulce Anca, Maribel Aguilar, Nuria Barrio, Alfredo Bongianni, Quique Bordell, Alfonso Castro, Ana Costas, Luz Darriba, Honorio, Julio Leira Sanmartin, Jose Lemur, Germán Limeres, Federico Lojo, Juan José Lomarti, Ignacio López, Noemí López, Juan Pablo Mastroiani, Quique Muruáis, Estefanía Novo, Alfonso Otero Regal, Renata Otero, Ánxela Pardo, Alejandro Pardo, Cristina Mejías Bamio, Luisa Paz Montenegro, Giovana Pereira, Paco Pestana, Xabier Quijada, Baldo Ramos, Xermán Refojo, Viky Rivadulla, Daniel Sanmartin Anca, Peter Schneider, Isabel Somoza, Fernando Tomé, Lola Tourón, Eduardo Valiña, Juan Vila, Helena Villar Janeiro, Zalo.

 

Obradoiros de pintura, gravado, poesía, máscaras, concurso de fotografía sobre o mercado, mesas redondas, performances, teatro, música, instalacións, danza, etc. As e os artistas intervirán coas súas obras os diferentes postos e espazos libres do mercado. A máquina da arte: unha máquina expendedora de tabaco que provea obras de arte orixinais, realizadas polos artistas participantes en diferentes técnicas, ao prezo unitario de dez euros. A arte ao alcance de todas e todos. Funcionará de continuo durante toda a exposición.

Do Luns 25 ao domingo 31 de maio.

Sábado 23: certame fotográfico “O ollo posto no mercado”, aberto a todas as idades.

Día sábado 23: Día da fotografía. Certame de fotografía: “O ollo no Mercado”, aberto a todas as idades, a partir das 10.30 da mañá. Os últimos días se expoñerán todas as fotos e o público e o xurado elixiran as imaxes gañadoras, que levarán como premio produtos do mercado e promoción da súa obra en actividades divulgativas do mercado. Charla sobre estética fotográfica a cargo de Peter Schneider.

Día luns 25: Día da danza: “Mercarte”: inauguración cunha performance a cargo de Ánxela Pardo. Danza e interactuación co entorno. Apertura oficial: a partir das 19.00 hs. Exposición das obras das e dos artistas participantes. Obradoiro de gravado a cargo de Isabel somoza, Xermán Refojo e Honorio.

Día martes 26: Mesa redonda: A arte en crise, a arte e a crise. 19:30 h.21 h

Día mércores 27: Día da performance, “Á procura do animal interior”, a cargo de Ánxela Pardo. Obradoiro de máscaras con materiais reciclados do mercado. Horarios: 16 a 18 h e 19 a 21 h.

Día xoves 28: Día do Gravado: “Arte en bandexa”, obradoiros de Gravado (monotipo) a cargo de Luisa Paz Montenegro, dirixidos a todos os públicos. Creación e impresión das obras. Horarios: 11 a 13 h, 16 a 18 h e 19 a 21 h. Actuación do grupo “A volta do agro”.

Día venres 29: Día da Pintura: “Mancharte”, obradoiro de pintura para todas as idades a cargo de Juan Pablo Mastroianni. Horarios: 11 a 13 h, 16 a 18 h e 19 a 21 h.

Día sábado 30: Día da Poesía. Poesía para armar. Obradoiro de poesía visual para todos os públicos a cargo de Luz Darriba. Horarios: 11 a 13 h, 16 a 18 h. Día 30: Día do Teatro: Actuación do grupo Pinchacarneiro, presentando a súa obra “Os perseguidores de soños”, ás 12 da mañá, para todos os públicos. A continuación Chiruca e Paul Baker e seu espectáculo ¡Témolas Frescas!

 

Día 31: Día da Música: Sesion Dj de Jose Lemur en diferentes horarios, na clausura da mostra. Premios as e os gañadores do certame de fotografía “O ollo posto no mercado”

Compartir