Skip to main content

novena edición do Festival Arteficial

Arquivos adxuntos
novena edición do Festival Arteficial
Cando ten lugar
Hora: 
12.30 a 22.30h.
Ónde ten lugar
Localidade: 
  • EspañaGaliciaOurenseRibadavia
Descripcion

Esta nova edición de “Arteficial” trae consigo varias innovacións como é o escenario no que se van a desenvolver as actividades que estarán divididas en dous espazos: o interior da Capela da Madalena, onde se desenvolverán os concertos de música acústica, e para a versión máis electrónica do festival adaptouse o exterior da capela. Os cambios de localización do festival en cada edición son para “revalorizar os espazos do municipio de Ribadavia”, asegurou Manuel Araújo.

 

Outra das novidades deste ano é que as actividades desenvolveranse en horario diúrno, o sábado, 5 de setembro, de 12.30 ás 22.30 horas, e as entradas para os asistentes serán gratuítas. O público terá a oportunidade de degustar os distintos pratos gastronómicos que os stands alí presentes ofertarán.

 

As actuacións musicais do evento correrán a cargo dos grupos Trilitrate, Músculo!, Diola, Avecrem, A Jigsaw, Cova, Ainara Legardon, Puma Pumku e a orquestra Pánico. Ademais dos concertos musicais, o festival conta na súa programación con actividades paralelas como o mercado das sementes ou a exposición de foto oficial que acolle unha mostra de fotografías de diferentes autores, todas elas referidas á temática social.

 

César Fernández destacou o longo percorrido deste festival: “É un evento que podemos considerar senlleiro dentro do calendario de festivais da provincia de Ourense” e engadiu que ten xa “unha traxectoria consolidada e importante, pois fixo que por Ribadavia pasaran grupos da escena independente española e con un nome xa recoñecido”.

 

 

 

Compartir

feiras deputacion ourense